O son atópase entre os 16Hz e os 18000Hz, variando a capacidade auditiva do oínte. Fóra de estos límites están os infrasóns e os ultrasóns, os cales non poden ser percibidos por un oído humano. Moitos animais empregan os infrasóns para comunicarse posto que estas ondas poden viaxar decenas de quilómetros pola terra e miles por mar. Un exemplo perfecto de ultrasóns son as ecografías, os morcegos empregan os ultrasóns para comucicarse e orientarse na escuridade para non golpearse.
Normalmente os sons puros, dunha soa frecuencia, son escasos, posto que a mayoría dos sons reais están fomados por unha combinación de frecuencias. O único son puro sen ningún tipo de frecuencias é a onda sinusoidal, a cal só pode realizarse de maneira informática.
Para que sexa máis sinxelo acordarnos dos sons, creáronse as notas musicais e as escalas.
Un sistema moi interesante para representar a altura dos sons é a fononimia: a asociación do son ao xesto da mán. Desígnase cun xesto da mán o nome e o son de cada nota, con isto conseguimos practicar a entonación e fixar a entidade sonora na audición interior.
A pesar de isto o sistema máis común e empregado de representar a altura dos sons é o sistema de notación musical. A altura do son represéntase nun pentagrama, o cal ten cinco liñas e cada son, representado por unha cabeza (figura musical) colócase nunha destas ou tamén nos mesmos espacios destas, para indicar a nota que o intérprete quere tocar.Ademáis disto, empréganse unha serie de siímbolos como son o bemol, o sostido, o doblebemol, o doblesostido e o becuadro para alterar medio ton a altura das notas escritas no pentagrama.
A distancia que hai entre unha nota e outra denomínase intervalo.
Aquí podemos ver un vídeo que nos explica os intervalos :
Intervalos melódicos:Son aquelas notas que soan sucesivamente, as cales poden ir descendente ou ascendentemente.
Intervalos armónicos: Dúas ou máis notas que soan simultáneamnente. Os intervalos armónicos non poden ser nin ascendentes nin descentes posto que as notas soan ao mesmo tempo.
Aínda que na nosa sociedade sempre nos ensinaron que a menor distancia que o oído humano pode percibir é un semitón, na música étnica, como por exemplo nas culturas hindú, balcánica ou arábiga a afinación e os intervalos non coinciden cos modelos de medición das escalas occidentais e admiten inflexóns de tipo glissandi, ou sexa, a existencia dunha concepción de espazo sonoro de alturas non limitado.
A música da India caracterízase por ser enteiramente monódica. Para os occidentais é a máis accesible de todas as culturas asiáticas. O seu sistema divide a octava en 22 segmentos chamados srutis, non dun modo equivalente, senón que aproxímanse toscamente ao cuarto de ton completo da música occidental.
A música árabe créase a partir do uso de sistemas melódicos e rítmicos non armónicos. As melodías proveñen dunha amplia variedade de modos melódicos, coñecidos como maqamat. Estos modos empregan máis notas por octava cas escalas occidentais, con intervalos (microtonais) notablemente máis pequenos caos semitóns occidentais.
Dende finais so século XIX e nas primeiras décadas do século XX leváronse a cabo en distintas rexións do mundo numerosas búsquedas con instrumentais acústicos para obter micro-intervalos, como por exemplo:
-No conservatorio de Música de Moscú existe un piano en cuartos de ton con fecha de construcción de 1864.
- Karl Rudolph Koenig (1832-1901), físico alemán construíu un laboratorio de instrumentais acústicos avanzados e demostrou na Exposición de Filadelfia de 1875 "un aparato tonométrico que dividía catro octavas en 670 partes"
-Iván Wyschnegradsky (1893-1979) diseñou en 1929 un piano con tres teclados en cuartos de ton que construíua casa Pleyel; o seu traballo teórico concentrouse nos cuartos de ton
e no seu uso sistemático en armonía.
-Charles Ives (1874-1954) compuxo en 1903 a primeira obra escrita en micro-tons, concebida para ser executada con dous pianos afinados a distancia dun cuarto de ton.
Un estudo moi relevante na musicoloxía mexicana é o de Carrillo polas súas innoacións, que datan 1895. Carrillo observa a existencia dun micro-ton que se deriva da xeración dos armónicos, mismo que denomina son13, identificación co décimo tercer armónico, son distinto dos doce da escala cromática. Publica o que el mesmo chama "descubrimento" nunha edición personal e conságrase dende o momento a unha investigación singular, lograr a maior resolución na división do ton; o maior número de divisións e o maior número de diferentes divisións do mesmo -setecentos sesenta e tres sons diferentes ao interior da octava. Debido á dificultade da execución dos micro-intervalos, Carrillo adícase á fabricación de microtonales.
Efectos da música nos nosos estados de ánimo
Ademáis de todo isto, dependendo da altura do son, dos intervalos producidos nota tras nota, dos matices, etc. A música ten un papel moi importante nos nosos sentimentos e reaccións.
Dende os principios da historia, os romanos e os gregos identificaban os modos con distintos estados de ánimo: o modo frixio (modo de mi) empregábano para desarroiar unha conducta apacible, o modo lidio (modo de fa) expresaba xanto e dor.
A música pode significar o que soa. Parece presentar un significado sin mediación, un atributo que probablemente dé conta da súa eficacia como procedemento de inducción de estados de ánimo en experimentos sobre a emoción, e tamén da súa utilización máis universal para modular o ton emocional e as expectativas das audiencias cinematográficas e teatrais. A música ten profundas raíces evolucionistas na súa explotación dos lazos entre a estructura do son e o estado motivacional.
Unha cantidade moi diversa de estudos han poideron constatar os diferentes efectos da música para a saúde daquelass persoas ca escoiten. Alguhnas músicas relaxan, axudan a aliviar el estrés e a esquecernos dun día de tensión e preocupacións diversas. Mientres que outras poden animarnos, levantándonos o ánimo e favorecendo o bo humor e estado anímico.
-
A música rock pode axudar á hora de levantar o ánimo, e sobre todo para manternos moito máis activos. Isto débese a que o seu efecto provoca un aumento das pulsacións cardíacas. Non é recomendable escoitala antes de descansar ou de ir a durmir. - A música romántica pode provocarnos sentimentos agradables, tristes ou melancólicos. Todo dependerá dos momentos aos que poida estar asociado unha determinada canción, ou a súa letra.
Hoxe en día a música ten un papel principal no mundo da telecomunicación, xa que é empregada na publicidade, no cine...
O aspecto comercial da música é fundamental para a publicidade, por isto empréganse para os spots televisivos canciones xa famosas para aumentar a atención do posible consumidor. Sóense escog¡ller temas pegadizos que pasan de ser totalmente descoñecidos a ser temas “universalmente” coñecidos. Isto fai que ao escoitalos ao cabo do tempo, póidannos recordar alo spot e ao producto que anunciaba. En ocasións modifica a imaxen do anuncio dependendo das variedades, música alegre, de xuventude, máis seria etc. Por último, convén ter en conta que os distintos tipos de música poden acompañarse de “letra”, que pode ser asociada á mensaxe verbal sonoro (voz). Tamén pode referirse ao obxecto anunciado ou non. Ademáis, cree que a música, no seu primer planteamento, pode incluírse dentro de dúas categorías: música xa compuesta ou feita expresamente para o anuncio.
FUNCIÓNS DA MÚSICA
Á hora de falar da música hai unha serie de funcións que convén destacar:
Determinación local: según esta función o reproducir sons ou estilos propios dun determinado ambiente lévanos a él.
Enfatización da acción:a música pode axudar a aclarar ou enfatizar un determinado feito ou acción, por exemplo: para unha caída ou un impacto, un son estrepitoso; para un momento dunha decisión crucial ou un momento de shock, un acorde dramático; para resaltar nun determinado momento o amor, un tema romántico.
Intensificación da acción: a música serve para intensificar a acción mediante a repetición ou o crescendo.
Representación da identidade:a música pode identificarse con personaxes concretos, eventos ou programas.
Dar o contrapunto: añade unha idea ou sentimento que doutra forma non sería lóxico, por exemplo, asociar a música de ballet ao movimiento dos deportistas
Unificar unha transición:a música tamén pode empregarse para conseguir unha continuidade na transición entre escenas, poidiendo distinguir:
Superposición: que mantén a continuidade entre unha escena e a que lle sigue.
Anticipación:determina a atmósfera da seguiente escena antes de que apareza. Sirve de introducción.
Corte:cambia bruscamente a atmósfera.
Atenuación ou elevación: para fundir escenas. Se a transición reflexa unha ruptura definida na continuidade, a música do fundido de entrada e do fundido de saída debe de ser completamente distinta.
Fixando a época:ademáis de identificar personaxes e recordar lugares, a música tamén serve para recordar épocas. Predecindo ou recordando eventos: a música pode traernos á memoria momentos pasados ou predecir os futuros, evocar a atmósfera, o sentimento ou o estado de ánimo.
Pero ademáis de todo isto, a música pode ser perxudicial. As drogas dixitais veñen a ser arquivos de audio que deben ser escoitados cos audífonos postos, en ambientes abertos non teñen efecto. Estos arquivos ou dosis como din nestes entornos, contiñen sons cos máis diversos efectos simulados de tódalas drogas como marihuana, cocaína, éxtasis, opio, LSD, etc. Para isto requiren un programa que lee arquivos especiais de audio chamado I Doser, ou se desexan poden conseguilos en formato mp3. Os arquivos ou dosis dependendo do efecto desexado teñen unha duración determinada que vai desde 15 minutos a 30 minutos, poden ser descargados en Internet. As drogas virtuais empregan según os seus creadores esta técnica dos sons binaurais, polo que dunha forma ou outra están manipulando as ondas cerebrais moi posiblemente sen ningún estudo adecuado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario