domingo, 10 de abril de 2011

Ritmo e Duración

O ritmo é o conxunto de sons e silencios que forman unha composición e está determinado pola duración dos sons (longos ou curtos), dos acentos (fortes ou débiles) e dos compases (regulares ou irregulares). Estes últimos son os encargados de representar e marcar o ritmo da melodía, e indican a división do tempo en partes iguais nunha partitura. Os compases divídense en tempos ou pulsos e según o número destos distinguimos entre compases binarios, ternarios ou cuaternarios (de dous, tres e catro tempos respectivamente). Os divididos noutro número de tempos son irregulares. Os compases binarios e ternarios son máis fortes en canto a acentuación no primeiro tempo, os cuaternarios acentúanse no primeiro e terceiro pulso. Poden ser simples (de subdivisión binaria) ou compostos (de subdivisión terneria).
Identificamos os compases por medio de duas cifras, un numerador e un denominador. Nos de subdivisión binaria o numerador indícanos o número de tempos e o denominador a figura que enche eses tempos. Nos ternarios cambia o tempo que indica o numerador, pasando a ser un tercio en vez de un tempo enteiro.

A acción de romper a regularidade dun ritmo ao tocar unha nota en tempo débil ou semiforte e alongar o son ata o tempo forte denomínaselle síncopa. Esto pode producirse por medio de ligaduras ou determinadas convinacións de figuras e silencios (máis usual con corcheas e silencios de corcheas). Asi pois, podemos alterar a orde natural dos tempos fortes e débiles.
Existen dous tipos de síncopas:
As síncopas de compás
As síncopas de tempo
A diferencia é que as síncopas de tempo danse na subdivisión do tempo.
Tamén podemos distinguir entre síncopas regulares e irregulares. Chamamos síncopas regulares ás producidas entre notas cun mesmo valor (entre brancas, por exemplo) e síncopas irregulares ás que se producen entre notas de difertes valores (entre unha branca e unha negra).







TIPOS DE RITMO

RITMO ADITIVO: son ritmos producidos polo conxunto dun valor mínimo fixado previamente, chamado matra (término hindú). Poñamos a corchea como ese valor mínimo, pode ser combinada de forma variada (negras, negras con puntiño, brancas...). Esta técnica ben utilizada desfai toda a sensación de pulso regular. Esto é asi porque as duracións están o suficientemente diversificadas e sentimos como parte forte cada creación dunha nova duración. A miúdo pode convertirse nun ritmo de contorno.

RITMO DE CONTORNO: Son os máis difíciles de percibir de tódolos tipos de ritmo debido a que son formados, máis que por valores previamente fixados, pola relación entre os valores.
Supoñamos que collemos tres valores distintos, largo, intermedio e breve, numerados con 1, 2, e 3. Se combinamos 2-3-1 teríamos infinitas duracións que nos valerían para expresalo. Tras algunhas repeticións o noso oído percibirá a continuidade rítmica logo de máis aparicións da combinación feita, pero sen apreciar as duracións concretas.

RITMO DIVISIVO: É a división regular do tempo en partes iguais. Os ritmos producen unha alternancia regular entres pulsos débiles e fortes. Asi obtemos unha percepción temporal xa imaxinada, sabemos onde entra a parte forte e onde non.

RITMO DE SUPERFICIE: É o resultado total da superposición de tódalas voces ou elementos nun instante da obra.


DISTINTOS RECURSOS UTILIZADOS NO RITMO:

RITMOS AUMENTADOS OU DISMINUIDOS: Moi utilizado polos contrapuntistas dende a escola franco-flamenca. No s.XX tende a ser utilizado de maneira irregular, por medio de disminucións e aumentacións basadas en números primos (súmanselle valores ao ritmo), sen ser valores dobres ou cuádruplos, polo tanto o perfil rítmico convértese nun ritmo de contorno.

RITMOS CON VALORES ENGADIDOS: Son valores breves que se lle engaden a un ritmo en concreto, como prolongación, como nota ou como silencio.
Con esto teremos un resultado con moi pouca regularidade.

RITMOS CROMÁTICOS: Baséanse nun conxunto do cromatismo de alturas. Elíxense duracións cada vez máis largas ou máis cortas e colócanse na orde de duración.

A DISLOCACIÓN RÍTMICA
Se combinamos un conxunto de valores de diversas formas, contando con que as notas longas tenden a acentuarse e as moi breves tenden a levar o acento á nota seguinte, veremos que se dá unha acentuación en continuo cambio. O ritmo de contorno ten un resultado parecido, se pensamos nunha relación de valores xa determinada pero non sabemos a duración concreta, a acentuación será inimaxinable.



A POLIRRITMIA

O termo polirritmia plantexado polo poeta Léopold Sedar Snghor, de orixa africana, refírese ao complemente rítimico que hai entre o ritmo da palabra e o dos tambores, moi típicos na música africana.
Dentro do estilo do jazz, o musicólogo Alfons M. Dauer, considera a polirritmia unha forma de composición rítmica sobre un mesmo esquema de compases, na que as acentuacións do ritmo varían, ou son combinadas ou superpostas para voces diferentes. Nunha partitura as lineas divisorias serían verticais e estarían colocadas de forma paralela unhas das outras, como é o normal para nós, pero a forma de marcalo ritmo sería diferente para cada voz.
Resumidamente trátase dunha superposición de varios ritmos distintos ou sistemas acentuais diferentes.
Aqui tendes un par de exemplos:











A DURACIÓN



A duración é o tempo que duran as vribracións producidas polos sons polas cales podemos diferenciar se son sonidos curtos ou máis longos e veñen representados na onda polos segundos. OS encargados de representar as duracións dos sons na música son os silencios e figuras xunto con diferentes signos de prolongación que que modifican a duración do son. A duración dos sons está relacionada co ritmo.











AS FIGURAS:














Redonda, dura catro tempos







Branca, dura dous tempos







Negra, dura un tempo
Corchea, dura medio tempo







Semicorchea, dura a metade dunha corchea







Fusa, dura a metade dunha semicorchea







Semifusa, dura a metade da fusa.















OS SIGNOS DE PROLONGACIÓN:


O puntiño (.) sitúase á dereita da figura que queremos modificar e engade a esta a metado do seu valor orixinal.




A ligadura de unión xunta dúas notas da mesma altura ( un La con outro La na mesma liña), polo tanto a súa duración dóbrase o triplícase dependendo do número de notas ligadas.



O calderón colócase enriba o debaixo dunha nota e prolonga de forma indeterminada a súa duración.










martes, 5 de abril de 2011

Outros Parámetros Da Música.

1.- Fraseo Musical.

- Do primeiro que vou a falar agora é do fraseo musical, para isto a forma máis sinxela de explicalo, é utilizando un enunciado, sabendo que a música é unha linguaxe, utilizareino para explicacalo fraseo musical:

A guitarra, é un instrumento de corda, de gran popularidade en todo o mundo.

Esta frase é entendible por calqueira persoa que comprenda o idioma e garda un sentido, pola contra se eu puxera:

A guitarraéuninstrumentodecordadegranpopularidadeentodoomundo


Esta frase carecería de sentido, e polo tanto na música ocorre o mesmo, isto é fundamental.

O fraseo dase sobre todo na época Clásica, un dos máis destacados con respecto ó fraseo musical é Haydn.






1º frase- dende o principio ata ao segundo 12.
2º frase- dende o seg 12 ata o 22
3º frase- dende o seg 22 ata o 43


Nós distinguimos o fraseo nunha melodía cando se toca:

- Legato .- é un modo de execución musical no que se unen varias notas de diferentes frecuencias sen articular unha separación a traves da interrupción do son.






(Min 1.42-1.53)



- Staccato .- é un modo de execución musical no que se acorta a nota respecto o seu valor orixinal.

Audicións



2.- Expresión Musical

- Dentro de este punto vou a integrar varios parámetros da música e son os seguintes:
-Os Matices
-A Articulación
-A Velocidade

Os símbolos de expresión, son utilizados para explicarnos a forma na que temos que tocar unha nota musical, ou frase musical.
Estos aspectos poden referirse a dinámica, intensidade, tempo...

Normalmente estas expresións son símbolos, ou palabras normalmente en italiano as que nos indican estos parámetros.

Estos clasifícanse segundo o tipo de matíz a tocar, por exemplo, como pode ser o tempo da articulación.

-Matices

Estos signos de expresión indícannos a intensidade ca que debemos tocar a nota ou frase musical:

  • Pianissimo: pp - moi suave
  • Piano: p - suave
  • Mezzo piano: mp - medio suave
  • Mezzo forte: mf - medio forte
  • Forte: f - forte
  • Fortissimo: ff - moi forte
  • Piano forte: pf - suave e despois forte
  • Forte piano: fp - forte e despois suave
  • Crescendo: cresc. - aumentando pouco a pouco a intensidade
  • Decrescendo: decresc. - disminuindo pouco a pouco a intensidade


-Articulación

Refírese a forma en que se produce a transición de un son a outro, ou sobre a mesma nota.
hai distintos tipos de articulación, tendo en conta cada unha podemos distinguir:
  • Staccato o picado: acorta a duración de cada nota.(Exemplo anteriormente mencionado)
  • Legato o ligado: tocanse todas as notas unidas. (Exemplo anteriormente mencionado)
  • Portato: destacase a nota apoiándose en ela.
  • Acentuado: destacase a nota que leva o acento.

Varios compases que muestran la grafía musical para la <span class=


-Velocidade

Son signos moi comúns na música clásica, soen colocarse o comenzo da partitura e indican o tipo de movemento que se vai a interpretar ou o carácter que lle hai que proporcionar a música.

  • Lento: movemento moi lento
  • Adagio: movemento lento
  • Moderato: movemento de velocidade media
  • Allegro: movemento rápido
  • Presto: movemento moi rápido
Por outra banda o calderón é outro símbolo de expresión que se pon nunha determinada nota para facer denotar que esa nota pode ter a duración que compre ou se crea oportuno.
O máis normal é velo na última nota da partitura pero as veces tamén aparece na metade do compás coma no exemplo:


Se muestra el símbolo del calderón en un compás.


3.-Grafía Musical


-Para a expresión gráfica dos sons, a música emprega o pentagrama, que é unha estructura de cinco líñas que indica a altura da nota, en principio se coloca una clave que indica el nombre que toman as notas no pentagrama.


As notas que se colocan no pentagrama indican con precisión tanto a sus altura como a sus duración.

-Unha clave serve para indicarlle ao músico como leer o pentagrama. Como a notación musical é relativa, cada nota pode ocupar calquera liña ou espazo na pauta. A clave indica cal é a posición dunha das notas e todas as demais son lidas en referencia a esa nota. Cada tipo de clave define unha nota diferente de referencia.
Clave de sol- Pode ocupar a 2º liña.
Clave de Fa- Pode ocupar 3º 4º 5º liña.
Clave de Do- Pode Ocupar 1º 2º 3º 4º liña.

-As figuras musicais representan a duración dos son. A figura que representa a unidade musical é a redonda, que dura catro pulsos no compás, tomando como referencia o compás de 4/4.

Figuras de Duración
Redonda- Es la unidad
Blanca- Es la mitad de la Redonda
Negra- Es la 4ta parte de la Redonda
Corchea- Es la 8va parte de la Redonda
Semicorchea-Es la 16va parte de la Redonda
Fusa- Es la 32va parte de la Redonda
Semifusa- Es la 64va parte de la Redonda


Cada figura musical, vai acompañada do seu correspondete silencio que equivale a duración do mesmo.

lunes, 4 de abril de 2011

Configuración armónica






-Qué e a armonía?
Armonía significa o equilibrio entre duas ou máis partes dun todo. Dende un punto de vista musical a armonía é unha disciplina que estuda varios sonidaos de forma "vertical" ou "simultánea". Estos son son chamados acordes.

-Cuándo surxe a armonía?
Na Idade Media chamábaselle armonía a dous son ao mesmo tempo, pero foi a partires do organum paralelo (tipo de polifonía do medievo, baseado nunha mesma melodia a diferentes alturas)cando se empeza a desenrolar o concepto de armonía ata a definición que lle damos hoxe en dia. No organum paralelo chamabaselle armonía a relación ordenada entra varias voces, esta relación gardaba unha certa autonomía, ainda que non usaban concepto de acorde.
Aquí podemos ver a relación ordeada entre varias voces, que era o concepto de armonía na Idade Media.
A partires do Rexudimento a palabra armonía describía tres son ao mesmo tempo, nesta época xa tiñan o cncepto de acorde, concepto que se acaba desenrrolando no Barroco e concepto que temos actualmente de armonía.

A armonía foi concevida como varias notas dispostas vertical u horizontalmente para acompañar a melodía e actuar como base sobre a cal se organiza unha peza. Grazas a armonía podense recalcar aspectos da melodía como as cadencias (conclusivas e suspenivas) ou a sensación de reposo ou tensión. Esta sensacións constrúense baseadas en disonancias ou consoancias. Cando se emite un son producense unha serie de vibracións secundarias coñecidas como armónicos, cando un armónico esta moi alonxado do son principal prodúcese unha disonancia (tensión) e cando está cerca do son principal prodúcese unha consoancia (tranquilidade, relaxación etc.).







-Como se estructura a armonía?

A armonía estructurase principalmente en acordes (grupo de notas soando ao mesmo tempo):

-Acordes triadas:
Constan de tres sons (Fundamental, 3ª e 5ª)
  • Maior-3ª maior e 5ª xusta
  • Menor-3ªmenor e 5ª xusta
  • Aumentado-3ªmaior e 5ª aumentada
  • Disminuido-3ªmenor e 5ªdisminuida
-Acordes cuatriadas:
Consta de catro sons(Fundamental, 3ª, 5ª e 7ª)

  • Acorde de 7ª Dominante, este acorde xurde do quinto grado dunha escala maior- F. , 3ªM, 5ªJ, 7ªm.
  • Acorde de 7ª Disminuida- F. , 3ªm, 5ªDis., 7ªDis.
  • Acorde de 7ª Semidisminuida- F. , 3ªm, 5ªDis., 7ªm.
-Acordes de novena, undécima e decimoterceira:
Engadindo unha terceira por encima da septima construese o acorde de novena, seguindo o mesmo procedemento construense o de undécima e decimoterceira.
Para facilitar a construción de estos acordes pensase:

  • Novena: segunda da tónica- Exemplo: de Do a novena sería Re
  • Undécima: cuarta da tónica- Exemlo: de Do sería Fa
Pensando así, simplemente teríamos que tocar a nota unha oitava por encima.

-Acordes alterados:
Surxen a partires dos acordes de novena e construense engaldindo un bemol ou un sostido a esta novena.
Exemplo- C79b(Do Maior con 7ª menor e 9ª bemol)

Inversión de acordes:
Segundo a nota que aparezca no baixo dun acorde dinstinguimons as seguintes inversións:
  • 1ª Inv.-No baixo aparece a 3ª do acorde- Mi, Sol, Do (Do Maior)
  • 2ª Inv.-No baixo aparece a 5ª do acorde- Sol, Do, Mi (Do Maior)
  • 3ª Inv.-No Baixo aparece a 7ª do acorde- Si, Do, Mi, Sol (Do Maior)
Cifrado de acordes:

O cifrado de acordes máis utilizado e o moderno ou americano:
Do-Re-Mi-Fa-Sol-La-Si
C - D - E - F - G - A - B

  • Cando se trata dun acorde de triada aparece simplemente a letra (Do, C), poñendo un guión para indicar se e menor (Do menor, C-)
  • En caso de que o nome da tonalidade leve bemol ou sostido poñerase un destes simbolos xusto diante s¡da letra (Fa sostiso menor, F#-)
  • No caso de que o acorde sexa de septima este indicarase cun "7" se a séptima e menor, ou poñendo "Maj 7" se a séptima e maior.
  • Cando sexa disminuido indicarase "b5" (Do disminuido, C-b5)





Escalas e grados dunha escala:

-Escala Maior:
Consta de sete sonidos. A sua distribución de semitóns está entre os graos 3º-4º, 7º-8º.
-Escala menor:
Surxe do sexto grao da escala Maior. A sua distribución de semitóns está entre os graos 2º-3, 5º-6º. Añadir imagen
-Escala pentatonica:
Maior, como a escala maior diatónica pero sen os grados 4 e 7.
Menor, como unha escala menor diatónica pero sen os grados 3 e 6.
Esta escala usase principalmente no Blues, Rock ou Funk.

-Escala hexátona:
Consta de seis sons con intervalos de un ton entre eles.

-Grados dunha escala maior diatónica:
  1. Tónica
  2. Supertónica
  3. Modal (Define se se trata de un modo Maior ou menor)
  4. Subdominante
  5. Dominante
  6. Superdominante
  7. Sensible ou Subtónica (Se está a un grao da Tónica denominase Subtónica, mentres que se está a un semitón de esta denominase Sensible)

Cadencias:
As cadencias son as terminacións dunha frase musical.
Atendendo aos dous ultimos graos que forman a cadencia, podense clasificar:

-Cadencia auténtica:
formada por os graos V-I, ten unha sonoridade conclusiva.
(se os acorde que a forman están en estado fundamental denominase perfecta, mentres que se se encontran an algunha inversión denomirarase imperfecta)
-Cadencia plagal:
formada por os graos IV-I, reforza o sentido conclusivo (pode ir precedida de unha cadencia autentica)
-Cadencia rota:
formada por os graos V-VI, ten un carácter de sorpresa.
-Semicadencia:
formada por os graos I-V, ten un sentido suspensivo.

domingo, 3 de abril de 2011

Relación entre a física e a música.



Fundamentos físicos da música


Están relacionadas estas dúas disciplinas?

A todos nós, resúltanos familiar o concepto de música, posto que vivimos rodeados de ela, pero probablemente costaríanos encontrarlle unha definición adecuada.

Os grandes pensadores déronlle interpretacións moi diversas, debido á complexidade que encerra.

§ “Arte educativo por excelencia; se inserta en el alma y la forma en la virtud”. Platón. S. V- VI a.C.

§ “Habilidad de examinar (…) la diversidad de sonidos (…) por medio de la razón y de los sentidos” Boecio. S. VI

§ “La más noble de las ciencias humanas; cada uno debe procurar aprenderla con preferencia a las demás; ocupa el primer lugar entre las artes liberales”. Sto. Tomás. S. XIII

§ “Después de la Teología, ningún arte puede ser igualado con la música… es un don sublime que Dios nos ha regalado” M. Lutero. S. XVI.

§ “La música es el arte de combinar los sonidos de una manera agradable al oído”. Rousseau. S. XVIII

§ “La música es una revelación más alta que la ciencia o la filosofía”. L.V. Beethoven . S. XVIII-XIX.

§ “La música es ante todo, un arte de expresión seria y sublime”. P. Dukas. S. XIX-XX.

§ “La música, este maravilloso lenguaje universal, debería ser una fuente de comunicación”. P. Casals. S. XIX-XX

Aínda que ao longo da historia a música recibiu distintos tratamentos o que sí queda claro, é que constitúe unha das manifestacións do espíritu creador do home e garda, polo tanto, unha íntima relación cos demais aspectos sociais culturais,polo que o seu estudo axúdanos tamén ao mellor coñecemento da historia en xeral.

A física, mentres tanto, é a ciencia que estudia e mide a natureza, encontrando así as leis que a rexen. Así é como cando o ser humano comeza a facer música, descobre que a certa lonxitude de corda hai diferentes sons.


A imaxe que aparece a continuación representa a Pitagoras
que foi o que estudiou as relacións entre a tensión das cordas e o son para igualar unha lonxitude ente todas.



Foi o primeiro en facer física musical porque ao estudiar a lonxitude de cordas, á vez estudiaba as relacións numéricas que facían agradable
ao oído notas

correspondentes tocadas simultaneamente; nace de aí o trinomio: Música, Física e Matemáticas.


Na música é moi importante a relación que existe entre a frecuencia dos distintos sons,
a esta relación chámaselle intervalo.



Que é a Acústica? A Acústica éa ciencia que estuda a produción, transmisión e percepción de sons,tanto no intervalo da audición humana como nas frecuencias ultrasónicas e infrasónicas.

Un infrason é unha onda acústica ou sonora cuxa frecuencia está por debaixo do espectro audible do oído humano. (Aprox. 20 Hz)

É utilizado por animais grandes para comunicarse en amplías distancias (coma o elefante)

Un ultrason é unha onda acústica ou sonora cuxa frecuencia está por encima do espectro audible do oído humano. (Aprox. 20.000)

Animais coma os morcego se os delfíns utilízano para a súa orientación, en forma de radar. A sondas transmitidas por estes animais son tan altas que “rebotan” facilmente nos obxectos do seu arredor, así fanse un esquema mental de onde se atopan.

Os silbatos para cans son un claro exemplo de ultrason (esto é unha simulación do que un can pode escoitar cando soa un silbato deste tipo)


A acústica considera o son coma unha vibración que se propaga xeralmente no aire á unha velocidade de 343m/s (Aprox.1 km cada 3 segundos)

Aínda que non só se propaga polo aire, senón en calquera outro material, sexa gas, líquido ou sólido, pero non se pode propagar no baleiro. A velocidade coa que se propaga depende do material que sirve como medio de transporte. Calquera alteración das propiedades do material, como a súa temperatura, densidade, etc., fan variar a velocidad de propagación. Está demostrado que a intensidade dun son cambia ao variar a velocidade tocando un instrumento, polo que dedúcese que hai relacións físicas no son. A música viaxa a través do son formando ondas.

O son propágase formando ondas sonoras, que poden ser de dous tipos:

(Dependendo de como se desplacen as partículas polo medio)

Ondas lonxitudinales: Cando o movemento das partículas é paralelo á dirección de propagación.

Ondas transversales: Cando o movemento das partículas é perpendicular á dirección de propagación.





As ondas desprázanse en tódalas direccións formando “frentes de onda” Dependendo de como o fagan podemos abrir un subxénero dentro de ondas sonoras:

Ondas planas: Prodúcense cando a propagación da onda só se realiza nunha dirección.

Ondas esféricas: É unha onda tridimensional que se propaga coa mesma intensidade en tódalas direccións.

Ondas cilíndricas: As ondas cilíndricas proveñen de emisores con forma de liña, vibrantes, polo tanto as ondas dispérsanse uniforme e perpendicularmente en planos cilíndricos de idéntica fase, no cal cada emisor está localizado no seu centro.

Ondas progresivas: Cando os frentes de onda viaxan libremente transferindo enerxía.

Ondas estacionarias: Cando unha onda encóntrase limitada nun recinto, de forma que non existe transferencia neta de enerxía en ningunha dirección.

Características principais das Ondas sonoras:

-Amplitude: É a diferenza entre os valores máximos e mínimos do movemento ondulatorio nun punto.

-Frecuencia: É o número de veces que un fenómeno (período) se repite a sí mismo por segundo. Mídese en (Hz).

-Velocidade: É a velocidade á que viaxa a onda sonora. Depende do medio polo que se propaga, como xa mencionei anteriormente, e da temperatura tamén.

-Lonxitude de onda: É a distancia perpendicular entre dous frentes de onda que teñen a mesma fase. Esta lonxitude é a mesma que a recorrida pola onda nun ciclo completo de vibración.


Cando dúas ou máis ondas se cruzan nun mesmo punto, prodúcese a chamada interferencia, que é a superposición de dúas ou máis ondas da mesma frecuencia. As interferencias poden ser de dous tipos:

Interferencia destructiva: Prodúcese cando dá lugar unha superposición de dous ou máis ondas da mesma frecuencia, que ao interferirse crean un novo patrón de ondas de menor intensidade.

Interferencia constructiva: Producida da mesma maneira ca interferencia destructiva, exceptuando que crean un novo patron de ondas de mayor intensidade.

O Eco e a Reverberación son fenómenos que se producen en calquera recinto no que se propaga unha onda sonora.

O Eco prodúcese cando a señal acustica xa se extinguiu, devólvenos o sonido en forma de onda reflexada. Unha onda refléxase cando atopa un obstáculo que non pode traspasar nin rodear. O eco só é audible cando o tempo de retardo é de 1/10s respecto o son orixinal, a distancia da fonte sonora ten que ser de 17 metros.


A Reverberación defínese como a persistencia dun son despois da extinción da fonte sonora debido ás múltiples ondas reflejadas que continúan chagando ao oído. É a contínua volta de son causada por efectos de acústica ambiental.

O son producido nunha habitación normal vese algo modificado polas reverberacións debidas ás paredes e aos mobles; por esta razón, un estudo de radio ou de televión debe ter un grado de reverberación moderado para conseguir unha reproducción natural do son.

Esta foto móstranos o tipo de material do que teñen que ser cuvertas as paredes dun estudio de grabación ,por exemplo, para evitar o fenómeno da reverberación.


Que son os armónicos?

Os armónicos son unha serie de vibracións secundarias que acompañan a unha vibración primaria ou fundamental do movimento ondulatorio (especialmente nos instrumentos musicais).

En que consiste a Reflexión, refracción e difracción das ondas?


A reflexión é o rebote da onda sobre un medio transparente ao sonido, coma unha pared de formigón por exemplo. Este é o fenómeno máis importante a ter en conta ao deseñar unha sala onde a calidade de son sexa importante.
Á continuación unha imaxe que mostra como se produce a reflexión:

Esto pode dar lugar a que recibamos nun recinto, tanto o son orixinal como o reflexado, se o tempo transcurrido entre un son e outro é de 1/10 de segundo prodúcese o fenómeno da reverberación.


A refracción é o fenómeno debido ás variaciones do medio transmisor, ao cambio de medio, modificando a velocidade e a dirección da onda sonora.

Imaxe dun exemplo de refracción, neste caso no vento:


A difracción é un fenómeno puramente ondulatorio; ao igual que ocorre nas ondas dun estanque ao que se lles opón un obstáculo, se este ten unha perforación dun tamaño maior ca lonxitude de onda, estas transmítense como se o orixen das ondas fora a perforación.


A imaxe que aparece a continuación mostra un exemplo de difracción do son:


Que é o efecto Doppler? É a variación da frecuencia en función da velocidade. Foi descuberto por Christian Andreas Doppler. A continuación este vídeo amósanos un claro exemplo de efecto Doppler.