martes, 29 de marzo de 2011

A altura do son

A altura do son é un parámetro empregado para determinar a percepción da frecuencia. Segundo a altura o número de vibracións pode ser maior ou menor, o cal sería un son grave ou agudo. Se o son é agudo, haberá máis número de ondas, pero se é grave o número será inferior. A altura dos sons está relacionado ca frecuencia, así de esta maneira canto máis agudo sexa o son, maior será a súa frecuencia.


O son atópase entre os 16Hz e os 18000Hz, variando a capacidade auditiva do oínte. Fóra de estos límites están os infrasóns e os ultrasóns, os cales non poden ser percibidos por un oído humano. Moitos animais empregan os infrasóns para comunicarse posto que estas ondas poden viaxar decenas de quilómetros pola terra e miles por mar. Un exemplo perfecto de ultrasóns son as ecografías, os morcegos empregan os ultrasóns para comucicarse e orientarse na escuridade para non golpearse.

Normalmente os sons puros, dunha soa frecuencia, son escasos, posto que a mayoría dos sons reais están fomados por unha combinación de frecuencias. O único son puro sen ningún tipo de frecuencias é a onda sinusoidal, a cal só pode realizarse de maneira informática.

Para que sexa máis sinxelo acordarnos dos sons, creáronse as notas musicais e as escalas.

Un sistema moi interesante para representar a altura dos sons é a fononimia: a asociación do son ao xesto da mán. Desígnase cun xesto da mán o nome e o son de cada nota, con isto conseguimos practicar a entonación e fixar a entidade sonora na audición interior.



A pesar de isto o sistema máis común e empregado de representar a altura dos sons é o sistema de notación musical. A altura do son represéntase nun pentagrama, o cal ten cinco liñas e cada son, representado por unha cabeza (figura musical) colócase nunha destas ou tamén nos mesmos espacios destas, para indicar a nota que o intérprete quere tocar.Ademáis disto, empréganse unha serie de siímbolos como son o bemol, o sostido, o doblebemol, o doblesostido e o becuadro para alterar medio ton a altura das notas escritas no pentagrama.


A distancia que hai entre unha nota e outra denomínase intervalo.

Aquí podemos ver un vídeo que nos explica os intervalos :




Intervalos melódicos:Son aquelas notas que soan sucesivamente, as cales poden ir descendente ou ascendentemente.

Intervalos armónicos: Dúas ou máis notas que soan simultáneamnente. Os intervalos armónicos non poden ser nin ascendentes nin descentes posto que as notas soan ao mesmo tempo.

Aínda que na nosa sociedade sempre nos ensinaron que a menor distancia que o oído humano pode percibir é un semitón, na música étnica, como por exemplo nas culturas hindú, balcánica ou arábiga a afinación e os intervalos non coinciden cos modelos de medición das escalas occidentais e admiten inflexóns de tipo glissandi, ou sexa, a existencia dunha concepción de espazo sonoro de alturas non limitado.

A música da India caracterízase por ser enteiramente monódica. Para os occidentais é a máis accesible de todas as culturas asiáticas. O seu sistema divide a octava en 22 segmentos chamados srutis, non dun modo equivalente, senón que aproxímanse toscamente ao cuarto de ton completo da música occidental.


A música árabe créase a partir do uso de sistemas melódicos e rítmicos non armónicos. As melodías proveñen dunha amplia variedade de modos melódicos, coñecidos como maqamat. Estos modos empregan máis notas por octava cas escalas occidentais, con intervalos (microtonais) notablemente máis pequenos caos semitóns occidentais.



Dende finais so século XIX e nas primeiras décadas do século XX leváronse a cabo en distintas rexións do mundo numerosas búsquedas con instrumentais acústicos para obter micro-intervalos, como por exemplo:

-No conservatorio de Música de Moscú existe un piano en cuartos de ton con fecha de construcción de 1864.

- Karl Rudolph Koenig (1832-1901), físico alemán construíu un laboratorio de instrumentais acústicos avanzados e demostrou na Exposición de Filadelfia de 1875 "un aparato tonométrico que dividía catro octavas en 670 partes"

-Iván Wyschnegradsky (1893-1979) diseñou en 1929 un piano con tres teclados en cuartos de ton que construíua casa Pleyel; o seu traballo teórico concentrouse nos cuartos de ton
e no seu uso sistemático en armonía.

-Charles Ives (1874-1954) compuxo en 1903 a primeira obra escrita en micro-tons, concebida para ser executada con dous pianos afinados a distancia dun cuarto de ton.


Un estudo moi relevante na musicoloxía mexicana é o de Carrillo polas súas innoacións, que datan 1895. Carrillo observa a existencia dun micro-ton que se deriva da xeración dos armónicos, mismo que denomina son13, identificación co décimo tercer armónico, son distinto dos doce da escala cromática. Publica o que el mesmo chama "descubrimento" nunha edición personal e conságrase dende o momento a unha investigación singular, lograr a maior resolución na división do ton; o maior número de divisións e o maior número de diferentes divisións do mesmo -setecentos sesenta e tres sons diferentes ao interior da octava. Debido á dificultade da execución dos micro-intervalos, Carrillo adícase á fabricación de microtonales.




Efectos da música nos nosos estados de ánimo

Ademáis de todo isto, dependendo da altura do son, dos intervalos producidos nota tras nota, dos matices, etc. A música ten un papel moi importante nos nosos sentimentos e reaccións.

Dende os principios da historia, os romanos e os gregos identificaban os modos con distintos estados de ánimo: o modo frixio (modo de mi) empregábano para desarroiar unha conducta apacible, o modo lidio (modo de fa) expresaba xanto e dor.

A música pode significar o que soa. Parece presentar un significado sin mediación, un atributo que probablemente dé conta da súa eficacia como procedemento de inducción de estados de ánimo en experimentos sobre a emoción, e tamén da súa utilización máis universal para modular o ton emocional e as expectativas das audiencias cinematográficas e teatrais. A música ten profundas raíces evolucionistas na súa explotación dos lazos entre a estructura do son e o estado motivacional.

Unha cantidade moi diversa de estudos han poideron constatar os diferentes efectos da música para a saúde daquelass persoas ca escoiten. Alguhnas músicas relaxan, axudan a aliviar el estrés e a esquecernos dun día de tensión e preocupacións diversas. Mientres que outras poden animarnos, levantándonos o ánimo e favorecendo o bo humor e estado anímico.

  • A música relaxante é ideal para situacións de estrés e ansiedade, para momentos en que a persoa desexe relaxarse, descansar, ou durmir ben. Tende a ser unha música con tons suaves, que incluso poden chegar a combinar sons da naturaleza.




  • A música rock pode axudar á hora de levantar o ánimo, e sobre todo para manternos moito máis activos. Isto débese a que o seu efecto provoca un aumento das pulsacións cardíacas. Non é recomendable escoitala antes de descansar ou de ir a durmir.



  • A música romántica pode provocarnos sentimentos agradables, tristes ou melancólicos. Todo dependerá dos momentos aos que poida estar asociado unha determinada canción, ou a súa letra.






Hoxe en día a música ten un papel principal no mundo da telecomunicación, xa que é empregada na publicidade, no cine...

O aspecto comercial da música é fundamental para a publicidade, por isto empréganse para os spots televisivos canciones xa famosas para aumentar a atención do posible consumidor. Sóense escog¡ller temas pegadizos que pasan de ser totalmente descoñecidos a ser temas “universalmente” coñecidos. Isto fai que ao escoitalos ao cabo do tempo, póidannos recordar alo spot e ao producto que anunciaba. En ocasións modifica a imaxen do anuncio dependendo das variedades, música alegre, de xuventude, máis seria etc. Por último, convén ter en conta que os distintos tipos de música poden acompañarse de “letra”, que pode ser asociada á mensaxe verbal sonoro (voz). Tamén pode referirse ao obxecto anunciado ou non. Ademáis, cree que a música, no seu primer planteamento, pode incluírse dentro de dúas categorías: música xa compuesta ou feita expresamente para o anuncio.


FUNCIÓNS DA MÚSICA

Á hora de falar da música hai unha serie de funcións que convén destacar:

Determinación local: según esta función o reproducir sons ou estilos propios dun determinado ambiente lévanos a él.

Enfatización da acción:a música pode axudar a aclarar ou enfatizar un determinado feito ou acción, por exemplo: para unha caída ou un impacto, un son estrepitoso; para un momento dunha decisión crucial ou un momento de shock, un acorde dramático; para resaltar nun determinado momento o amor, un tema romántico.

Intensificación da acción: a música serve para intensificar a acción mediante a repetición ou o crescendo.

Representación da identidade:a música pode identificarse con personaxes concretos, eventos ou programas.

Dar o contrapunto: añade unha idea ou sentimento que doutra forma non sería lóxico, por exemplo, asociar a música de ballet ao movimiento dos deportistas

Unificar unha transición:a música tamén pode empregarse para conseguir unha continuidade na transición entre escenas, poidiendo distinguir:

Superposición: que mantén a continuidade entre unha escena e a que lle sigue.

Anticipación:determina a atmósfera da seguiente escena antes de que apareza. Sirve de introducción.

Corte:cambia bruscamente a atmósfera.

Atenuación ou elevación: para fundir escenas. Se a transición reflexa unha ruptura definida na continuidade, a música do fundido de entrada e do fundido de saída debe de ser completamente distinta.

Fixando a época:ademáis de identificar personaxes e recordar lugares, a música tamén serve para recordar épocas. Predecindo ou recordando eventos: a música pode traernos á memoria momentos pasados ou predecir os futuros, evocar a atmósfera, o sentimento ou o estado de ánimo.


Pero ademáis de todo isto, a música pode ser perxudicial.
As drogas dixitais veñen a ser arquivos de audio que deben ser escoitados cos audífonos postos, en ambientes abertos non teñen efecto. Estos arquivos ou dosis como din nestes entornos, contiñen sons cos máis diversos efectos simulados de tódalas drogas como marihuana, cocaína, éxtasis, opio, LSD, etc. Para isto requiren un programa que lee arquivos especiais de audio chamado I Doser, ou se desexan poden conseguilos en formato mp3. Os arquivos ou dosis dependendo do efecto desexado teñen unha duración determinada que vai desde 15 minutos a 30 minutos, poden ser descargados en Internet. As drogas virtuais empregan según os seus creadores esta técnica dos sons binaurais, polo que dunha forma ou outra están manipulando as ondas cerebrais moi posiblemente sen ningún estudo adecuado.


O TIMBRE

Que é o timbre?

É a cualidade que nos perite diferenciar uns instrumentos doutros, por exemplo a voz dun amigo, que podemos recoñecelo sin velo.
Existen moitos tipos de timbre por iso os instrumentos nos soan diferentes ainda que estean tocando a mesma nota.

De que se compon o timbre?

O timbre está composto por varias ondas simultáneas, que nós percivimos como unha. O timbre depende da cantidade de harmónicos (vibracions secundaias) que teña un son, é da intensidade de cada un deles.
Denomínase harmónico a cada son puro, correspondente do primeiro harmónico,o son mais grave do periodo. O son enton esta formado por numerosas cantidades de harmónicos, e dependen do corpo sonoro que forma o son, número de harmónicos que ten este son.

SERIE HARMÓNICA

Cando se executa unha nota nun instrumento musical xerase unha onda de presión de aire. Esta onda esta composta polos harmónicos que lle dan o instrumento un timbre especial. Cada harmónico deste son ten unha amplitude diferente.Por exemplo no clarinete son mais fortes as notas impares (3ª 5ª e 7ª).
Apartires do 5ª harmónico as notas soan practicamente desafinados con respeto o temperamento xusto.

Nunha teoría simplificada do timbre musical, cada un dos sons da serie harmónica é un compoñente do timbre.

Con algunha licencia, os sons da serie harmónica representan os elementos da serie de Fourier (serie infinita que converxe puntualmente unha función periódica e continua a trozos) que resulta ao aplicar a análise de Fourier a unha forma de onda periódica. Posto que as formas de onda dos sons do mundo real nunca son estrictamente periódicas, o timbre que se analiza por este método correspondese co concepto de timbre estático. A lista dos harmónicos que constituen un son e que determinan o timbre estático deste, chamaselle "receta" do timbre. Cualquera modificación nesta lista, altera a "cor" o timbre do son.



Serie dos harmónicos.
Nº de Armónico Frecuencia Nota Intervalo
1º harmónico 66 Hz do1 ton fundamental(o primeiro do a esquerda do piano)
2º harmónico 132 Hz do2 octava
3º harmónico 198 Hz sol2 quinta
4º harmónico 264Hz do3 octava
5º harmónico 330 Hz mi3 tercera mayor
6º harmónico 396 Hz sol3 quinta, una octava sobre el 3º
7º harmónico 462 Hz sib3 séptima menor (mui desafinada)
8º harmónico 528 Hz do4 octava
9º harmónico 594 Hz re4 segunda maior, unha quinta sobre a 6º
10ºharmónico 660 Hz mi4 tercera maior, octava del 5º
11º harmónico 726 Hz fa#4 cuarta aumentada
12º harmónico 792 Hz sol4 quinta xusta, unha octava sobre a 6º
13º harmónico 858 Hz la4 sexta maior (muy desafinada)
14º harmónico 924 Hz sib4 séptima menor (muy desafinada, igual que el 7º)
15º harmónico 990 Hz si4 séptima maior, una quinta sobre a 10º
16º harmónico 1056 Hz do5 octava



O papel de cada harmónico

O son fundamental proporciona por sí so a mesma sensación de altura que o fundamental con todos os seus harmónicos; decimos que a frecuencia da nota que se oe é igual a do son fundamental.

Debido ao fenómeno da "fundamental fantasma" que ten a sua explicación no carácter non lineal dol oído humano, o son fundamental non é imprescindible para percibir o conxunto como unha nota coa mesma altura, sempre e cando existan ou soen o resto dos sons da serie. O oído "reconstrue" o son que falta como si deduxera este resultado dunha ecuación cuxa únca solución posible é esta fundamental.

Os sons números 2, 4, 8 e tódoslos que forman unha relación igual a unha potencia de 2 coa fundamental, reforzan o carácter inequívoco da sensación da altura do conxunto.

Os sóns 3, 6, 12 e todos aqueles que forman co 3 unha relación que é unha potencia de 2, aportan un timbre nasal ao conxunto.

Os sóns 5 e 10 producen un timbre a cor "redondo", "profundo", "cálido" ... .

Os sóns 7, 11, 13 e 15 son disonantes e dan un carácter "áspero" ao son.


Identidade

Os sóns do noso entorno describen complexas variacións da amplitude no tempo, pero en xeral acórdase un esquema básico que representa os principais momentos de articulación da enerxía da onda, eles son:
Ataque: É o tempo que lle leva a onda para alcanzar o punto máximo da sua amplitude
Caída: É o tempo que lle leva a onda para pasar do punto máximo de amplitude hata un estado de enerxía estacionario.
Sostemento: É o tempo en que a amplitude da onda sonora permanece estacionaria.
Liberación: É o tempo que lle leva a onda para pasar do final do seu período estacionario hata o punto da sua extinción.

Escala Harmónica



CLASIFICACIÓN DAS VOCES POR TIMBRE

Dende 1956, Husson, foi distinguido ( por estudos fisiolóxicos realizados en Paris. Universidad de la Sorbona), dous timbres en cada voz humana. Timbre vocálico e timbre extravocálico.
O timbre vocálico correspondese a circunstancias fisiolóxicas condicionables, incluindo aquí todas as técnicas de aprendizaxe ; e o timbre extravocálico depende en exclusividade da constitucionalidade larínxea, e é o que caracteriza a voz de cada individuo

As cualidades do timbre son as seguintes:

1. Color
2. Volumen
3. Espesor
4. Mordente
5. Vibrato



1.- Color
Basicamente, é a técnica empleada ou ben é a conducta vocal, a que determina a cor do canto, sendo este claro ou oscuro. Dentro da cor, temos a eufonía(convinación de sons nunha palabra ou frase), sendo este, o matiz que o cantante emplea na emisión vocálica, así pois,un cantante pode presentar unha eufonía clara ou escura
A cor podese analizar, si se estuda mediante os analizadores do espectro sonoro vocálico. Neste estudo as coordenadas son a intensidade e a frecuencia, e según se desplaza a gráfica, obtemos diversos timbres.

2.-Volumen
Encasillanse as voces en pequenas ou en voluminosas. As primeiras non son válidas para grandes interpretacions ou salas de concerto. Quizáis este punto ten a sua importancia na sensación de acercamento ou lonxania que se quere ofrecer ou transmitir ao largo dunha interpretación.
O volumen da voz, depende casi exclusivamente da presión do fluxo aéreo ascendente, que incide na subglotis da larinxe do cantante.

3.-Espesor
A orixe do espesor da voz, situamola nas características das cavidades de resonancia e principalmente na cavidad orofarínxea. Son as sensacions de inflados, a maior abertura da cavida orofarínxea, maior é o espesor dunha voz.

4.- Mordente
Situase o mordente segúndo o grado de elasticidade e tonicidade da musculatura larínxea. O mordente é tamen o grado de brillantez da voz.
Unha boa tonicidade implica que na emisión do canto, o cierre das cordas vocais ou do espazo glótico, presentase firme. De todos modos a afectividade e outros factores durante o canto, condicionan o grado de brillantez do mordente.

5.- Vibrato
O vibrato é cando o cantante apolla a sua voz, é dicir,existe unha modulación de frecuencia máis baixa, coa sua intensidade e frecuencia, que se superpon a do cantante. Nno debe confundirse o vibrato co "trémolo", que sería unha certa inestabilidad vocal.
De modo esquemático, según o timbre podemos observar voces claras; pequenas ou voluminosas (grandes); débiles (delgadas) ou espesas (grosas); destimbradas (lisas) o timbradas (brilantes); e con maior ou menor vibrato.
A clasificación por timbre afecta directamente ao estilo da voz, e as posibilidades expresivas do cantante, ademáis debe escoitarse o gusto do público.
Para finalizar, o timbre é sutil e indefinible , sendo o responsable de que as voces conserven a sua individualidade e sexan inconfundibles, é en definitiva, a personalidad de cada voz.

INSTUMENTOS DE VENTO


Son aqueles nos que o son se produce nunha columna de aire dentro do tubo polo calse sopra atraves dunha boquilla.


Podense diferenciar en instrumentos de vento MADEIRA e vento METAL. Este nome fai referencia o material do que estan feitos.


Instrumentos de vento madira: son aqueles feitos de madira a excepción da frauta travesera.


A frauta tavesera esta formada por un tubo cilíndrico, cunha boquilla de tipo"bisel", culla tecnica consiste en soprar por un orificio arras do borde, polo que o aire choca cos bordes do bisel e comeza a vibrar producindose o son.

O oboe e o fagot son instrumentos de dobre lengueta: duas pequenas canas moi delgadas e unidas nunha base de corcho que se inserta no instrumento. O instrumentista debe introducir as duas lenguetas na boca de maneira que o soprar vibren e fagan soar o instrumento.

O clarinete ten un tubo ciñlíndrico e emprega unha lengüeta simple. Para que este poida vibras e transmitir a vibración a columna de aire debe estar suxeitada a unha boquilla de cristal.


FRAUTA:



OBOE e FAGOT




CLARINETE:




VENTO METAL:

Trátase dos instrumentos construidos en metal e teñen case case as mesmas características:

Tubos largos e enrollados para transportar mellor o instrumento.
Tubos rematados nun pabillón acampanado por donde sae a amplificación do son.
Válvulas, pistóns ou varas para modificar a altura do son. Tamen se pode facer modificando a posicions e a presión dos labios.
Unha boquilla en forma de copa donde o musico posiciona os beizos.

Os instrumentos musicais que se atopan normalmente na orquesta son estes:

TOMPETA:


A trompeta é o instrumento máis agudo desta familia. Utiliza pistóns para poder producir os diferentes sons. Os pistóns son mecanismos que abren ou cierran tubos auxiliares de maneira que a columna de aire fai un recorrido maior o menor e o son, por tanto, cambia:




TROMPA:
A trompa é un dos instrumentos máis antigos xa que, na sua orixe, era simplemente un corno de animal hoco no que se soplaba e se usaba como instrumento de chamada. Posteriormente construiríase de metal e, máis adiante, enrolaríase para facilitar o seu manexo. Hoxe en dia este tubo alcanza unha lonxitude de 5 metros.

Actualmente tócase introducindo a man dereita na campana facendo a función de sordina, xa que o timbre do instrumento varia dependendo da posición desta dentro do instrumento. A otura man suxeita o instrumento e acciona as válvulas que darán lugar aos diferentes sons.


TROMBÓn
O trombón ten un corpo moi parecido ao da trompeta pero moito maior debido a que
utiliza una vara telescópica
no canto de pistón e válvulas.






TUBA
A tuba é o instrumento de vento metal máis grave e máis pesado (pesa en torno a 20 Kilos).
A loniitude do tubo supera os 5 metros e ten unha gran campana no extremo do tubo. A boquilla tamén é de grandes dimensións necesitándose unha gran capacidade pulmonar para tocara. Usa
pistóns, ao igual que a trompeta.






ISTRUMENTOS DE CORDA PERCUTIDA E PULSADA

Na familia de corda pulsada o son prodúcese pola vibración das cordas ao ser punteadas coas xemas dos dedos, por unha púa ou plectro ou por un mecanismo asociado a un teclado.
Na Familia de corda percutida o son prodúcese pola vibración das cordas ao ser golpeadas por un mecanismo que se acciona mediante un teclado.

Corda pulsada
Entre a gran variedade de instrumentos que existen vamos a traballar aqueles que están na Orquesta actual ou os que estuvieron vinculados a música culta occidental dende a Idad Media e que hoxe podemos considerar como "instrumentos antigos":



ARPA

A arpa é o único instrumento que podemos encontrar na orquesta moderna de corda pulsada xunto con outros instrumentos da familia de Corda Frotada, Vento Madeira, Vento Metal e Percusión.
Con 46 cordas, coloreadas para que o instrumentista poida localizalas para tocar as diferentes notas, dispon ademáis de 7 pedales para poder tocar as notas naturais e alteradas (bemol o sostido) con tres posicións. Tócase coas xemas dos dedos.
As partes importantes da arpa son as seguintes:








GUITARRA
A guitarra é un instrumento moi conocido e popular en España. Na guitarra clásica destacaron grandes compositores e intérpretes como Andrés Segovia, Narciso Yepes ou Francisco Tárrega entre otros.
Con 6 cordas simples tocase coas xemas dos dedos.
As partes importantes da guitarra son as seguintes:








LAUDE

Inconfundible pola sua forma de media pera e clavixero hacia atrás case en 90º, é un instrumento con dobles cordas (normalmente 6 cordas dobles ou órdenes). Tócase con púa. Trátase dun instrumento antigo.
Aquí podemos ver as partes importantes e un pequeno exemplo de cómo soa o instrumento:






VIHUELA
En España, a partir do siglo XV, non se utilizou tanto o laude como no resto de Europa. O instrumento preferido aquí foi a vihuela, antecesor da nosa guitarra actual. De corpo máis pequeño que a guitarra ten dobles cordas (xeralmente 6 órdenes). Tamén, igual que o laude renacentista e a guitarra, ten trastes. O rosetón está, ao igual que no laude, moi adornado.
Observa la siguiente imagen y fíjate que es muy similar a la guitarra:






CLAVICEMBALO

Tamén chamado Clave, é un instrumento tamén antigo, anterior ao piano e mui apreciado no Barroco (1600-1750).
É un instrumento de teclado, normalmente soe ter dous teclados que se poidan acoplar para tocalos a vez. Cada tecla ten asociada, mediante un mecanismo, unha púa que pulsa as cordas. Como características acústicas a Clave non permite realizar cambios de intensida apreciables aindaque ten unha gran potencia sonora:





CORDA PERCUTIDA





O PIANO
Instrumento moi importante e versátil, caracterízase por ter unha gran potencia sonora e un abanico enorme de intensidades desde el pppp (casi imperceptible) o ffff (son de gran instensidade).
Ten 88 teclas (nº1), cada unha cun mecanismo moi complexo que acciona un macillo o martillo (nº 10) que golpea a corda (nº 16). A sua vez, a presionar unha tecla un apagador (nº 15) elévase para deixar que a corda vibre. Cando a tecla se solta o apagador toma contacto coa corda de maneira que frea a sua vibración apagándose o son. Ver o esquema do mecanismo de cada tecla no Piano:




CLAVICORDIO

O Clavicordio é un instrumento antigo, usado durante o Barroco para acompañar ao canto no ámbito doméstico (non se usou para tocar con orquesta) debido a sua pouca potencia sonora. Ao ser un instrumento no que as teclas eran simples palancas que golpeaban unha corda polo extremo oposto por medio dunha chapa de metal permitía pequenos cambios de intensidade.
Foi, realmente, o precursor do Piano moderno. A finais do siglo XVII, Bartolomeo Cristofori, constructor de instrumentos de corda con teclado, basouse np clavicordio para crear o "Gravicembalo col piano e forte" que pasaría a denominarse fortepiano pola posibilidade de permitir cambios de intensidade.

INSTRUMENTOS DE CORDA FETADA

Na familia de Corda Frotada o son prodúcese pola vibración das cordas ao ser frotadas co Arco.
Si te fixas nos instrumentos que a forman verás que hai similitude entre a clasificación das voces humanas, dende a máis aguda a máis grave, coincidindo con rexistro agudo do violín ao máis grave do contrabaixo.
Os instrumentos que forman esta familia son os seguintes:





DIFERENZAS

A diferenza fundamental entre estes instrumentos, é o tamaño, e polo tanto, a altura do son e o rexistro. A medida que os instrumento e mais grande o son e mais grave.
Todos teñen catro cordas, as suas formas son similares a escepcion do contra baixo. Outra diferenza e a barbada entre os violíns e as violas, e a pica en violonchelos e contrabaixos. Estas diferenzas devense a maneira na que se tocan.





COMO SE TOCAN

O violin e a viola tócanse apoiando o instrumento sobre o hombro, baixo a barbilla.
Violoncello e contrabaixo apoiase no chan pois son moi grandes.

miércoles, 2 de marzo de 2011

Exercicios

Exercicios dende a Idade Media ó Barroco

 Busca información das seguintes formas: CONDUCTUS - ORGANUM - MOTETE

¿Qué relación tiene la melodía del Canto Gregoriano con el texto? ¿Es importante el texto? ¿Por qué?
¿Donde se escribe el Canto Gregoriano? ¿A quién se debe este sistema?
Qué características señalarías como más significativas para identificar un canto gregoriano?
Una vez vistos las páginas relacionadas con la Polifonía, ¿Sabrías elaborar un esquema de su origen y evolución?
Averigua quienes fueron Leonin y Perotin.
Formas medievais e renacentistas

Evolución harmónica no rexurdimento e barroco
A ópera no Barroco