Identificamos os compases por medio de duas cifras, un numerador e un denominador. Nos de subdivisión binaria o numerador indícanos o número de tempos e o denominador a figura que enche eses tempos. Nos ternarios cambia o tempo que indica o numerador, pasando a ser un tercio en vez de un tempo enteiro.
A acción de romper a regularidade dun ritmo ao tocar unha nota en tempo débil ou semiforte e alongar o son ata o tempo forte denomínaselle síncopa. Esto pode producirse por medio de ligaduras ou determinadas convinacións de figuras e silencios (máis usual con corcheas e silencios de corcheas). Asi pois, podemos alterar a orde natural dos tempos fortes e débiles.
Existen dous tipos de síncopas:
As síncopas de compás
As síncopas de tempo
A diferencia é que as síncopas de tempo danse na subdivisión do tempo.
Tamén podemos distinguir entre síncopas regulares e irregulares. Chamamos síncopas regulares ás producidas entre notas cun mesmo valor (entre brancas, por exemplo) e síncopas irregulares ás que se producen entre notas de difertes valores (entre unha branca e unha negra).
TIPOS DE RITMO
RITMO ADITIVO: son ritmos producidos polo conxunto dun valor mínimo fixado previamente, chamado matra (término hindú). Poñamos a corchea como ese valor mínimo, pode ser combinada de forma variada (negras, negras con puntiño, brancas...). Esta técnica ben utilizada desfai toda a sensación de pulso regular. Esto é asi porque as duracións están o suficientemente diversificadas e sentimos como parte forte cada creación dunha nova duración. A miúdo pode convertirse nun ritmo de contorno.
RITMO DE CONTORNO: Son os máis difíciles de percibir de tódolos tipos de ritmo debido a que son formados, máis que por valores previamente fixados, pola relación entre os valores.
Supoñamos que collemos tres valores distintos, largo, intermedio e breve, numerados con 1, 2, e 3. Se combinamos 2-3-1 teríamos infinitas duracións que nos valerían para expresalo. Tras algunhas repeticións o noso oído percibirá a continuidade rítmica logo de máis aparicións da combinación feita, pero sen apreciar as duracións concretas.
RITMO DIVISIVO: É a división regular do tempo en partes iguais. Os ritmos producen unha alternancia regular entres pulsos débiles e fortes. Asi obtemos unha percepción temporal xa imaxinada, sabemos onde entra a parte forte e onde non.
RITMO DE SUPERFICIE: É o resultado total da superposición de tódalas voces ou elementos nun instante da obra.
DISTINTOS RECURSOS UTILIZADOS NO RITMO:
RITMOS AUMENTADOS OU DISMINUIDOS: Moi utilizado polos contrapuntistas dende a escola franco-flamenca. No s.XX tende a ser utilizado de maneira irregular, por medio de disminucións e aumentacións basadas en números primos (súmanselle valores ao ritmo), sen ser valores dobres ou cuádruplos, polo tanto o perfil rítmico convértese nun ritmo de contorno.
RITMOS CON VALORES ENGADIDOS: Son valores breves que se lle engaden a un ritmo en concreto, como prolongación, como nota ou como silencio.
Con esto teremos un resultado con moi pouca regularidade.
RITMOS CROMÁTICOS: Baséanse nun conxunto do cromatismo de alturas. Elíxense duracións cada vez máis largas ou máis cortas e colócanse na orde de duración.
A DISLOCACIÓN RÍTMICA
Se combinamos un conxunto de valores de diversas formas, contando con que as notas longas tenden a acentuarse e as moi breves tenden a levar o acento á nota seguinte, veremos que se dá unha acentuación en continuo cambio. O ritmo de contorno ten un resultado parecido, se pensamos nunha relación de valores xa determinada pero non sabemos a duración concreta, a acentuación será inimaxinable.
A POLIRRITMIA
O termo polirritmia plantexado polo poeta Léopold Sedar Snghor, de orixa africana, refírese ao complemente rítimico que hai entre o ritmo da palabra e o dos tambores, moi típicos na música africana.
Dentro do estilo do jazz, o musicólogo Alfons M. Dauer, considera a polirritmia unha forma de composición rítmica sobre un mesmo esquema de compases, na que as acentuacións do ritmo varían, ou son combinadas ou superpostas para voces diferentes. Nunha partitura as lineas divisorias serían verticais e estarían colocadas de forma paralela unhas das outras, como é o normal para nós, pero a forma de marcalo ritmo sería diferente para cada voz.
Resumidamente trátase dunha superposición de varios ritmos distintos ou sistemas acentuais diferentes.
Aqui tendes un par de exemplos:
A DURACIÓN
A duración é o tempo que duran as vribracións producidas polos sons polas cales podemos diferenciar se son sonidos curtos ou máis longos e veñen representados na onda polos segundos. OS encargados de representar as duracións dos sons na música son os silencios e figuras xunto con diferentes signos de prolongación que que modifican a duración do son. A duración dos sons está relacionada co ritmo.
Corchea, dura medio tempo
OS SIGNOS DE PROLONGACIÓN:
O puntiño (.) sitúase á dereita da figura que queremos modificar e engade a esta a metado do seu valor orixinal.
A ligadura de unión xunta dúas notas da mesma altura ( un La con outro La na mesma liña), polo tanto a súa duración dóbrase o triplícase dependendo do número de notas ligadas.
O calderón colócase enriba o debaixo dunha nota e prolonga de forma indeterminada a súa duración.